Traballo 6ºEP_Semana do 16 ao 22 de marzo

          Bo día a todas e a todos, neste blog como xa falamos na clase vou ir deixando as actividades de Ciencias Sociais e Matemáticas para facer nestes días de aillamento, tede en conta que non estamos de vacacións, dosificade o traballo e repartide o tempo entre todas as materias. Cando regresemos á normalidade teremos os exames pendentes de Ciencias Sociais e Matemáticas (non o primeiro día, fixaremos a data entre todas/os).

Un saúdo